O pasado día 31 de maio a nosa secretaria técnica Sonia Penedo Rodríguez asistiu a III Asamblea Xeral de Lares Asociación, onde se explicaron como esta a situación do tercer sector , este punto foi o punto central da Asamblea debido a importancia que ten a subvención a conta do 0,7% do IRPF.

Os catro puntos que se quixeron aclarar e son o eixe das negociacións que neste momento están a ter lugar son;

  1. O modelo de IRPF foi bo  nestes 30 anos, polo que serve de exemplo para o novo que se establecerá.
  2. Apoian o IRPF e hai animo para establecer un modelo que o garante.
  3. Ainda que houbo un primeiro modelo rechazado polo goberno, hai outro que parece que si vai para adiante e que se chama “modelo de dobre tramo”, e consiste en que o recadado no 0,7% do IRPF terá dous destinos, autonomico e estatal.
  4. Nestas reunións sempre se ten como premisas, que hai que acatar a sentenza do tribunal constitucional en que o fin son as persoas con necesidades e que se fará todo o necesario para poder continuar coa labor desenrolada polas entidades sociais.

Esta Asamblea ten moita importancia para Acolle xa que Lares Asociación é o irman maior que sempre esta ahí para dar apoio e vos consellos, polo que dende Acolle queren estar presentes para ir da man do bo facer.

Comparte este artículo en: