Acolle comeza o ano poñéndose o dia cun curso de Sistemas de Gestión de calidade conforme a Iso 9001:2015.

O pasado 26 de febreiro realizase en Santiago o mencionado curso. Yolanda Collazo (COPREFORVI) foi a encargada de explicar (de forma moi amena) as persoas que non coñecían a Norma Iso 9001, e a todos lles quedou claro, para que sirve e por que é importante ter unha metodoloxía estandarizada de servicios e de control de satisfacción dos usuarios e as suas familias, ademais de establecer control de incidencias e metodoloxía para eliminalas. Tamén foi explicando para aqueles que si xa traballan coa norma os cambios que hai que facer para adaptarse a lei do 2015.

A duración do curso foi de 6 horas e tivo unha gran aceptación por parte de tódolos membros da asociación, asistindo 32 persoas.

Acolle agradece a acollida por parte dos socios ao curso e seguira traballando para poder formar o persoal e desta maneira poder atender aos nosos maiores do mellor xeito posible.

Comparte este artículo en: