Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social

Noticias

O Consello Galego de Benestar Social quedou constituído  o día de onte en Santiago de Compostela, durante unha sesión plenaria presidida pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, logo de finalizar o seu proceso de renovación, forzado pola finalización da duración do primeiro mandato da maior parte dos seus membros, así como pola modificación da súa composición a consecuencia de varias reformas normativas.

Este órgano tratase dun órgano consultivo superior ao sistema galego de servicios sociais e conta con una participación plural, figurando entre os seus integrantes a Dona Celina Rey Dieguez, como representante dás entidades prestadoras de servizos sociais, na categoría 1, de “Atención e prevención da dependencia, discapacidade e maiores” . En canto aos seus obxectivos, este órgano será unha ferramenta fundamental para avaliar e mellorar o sistema de servicios sociais de Galicia, ao tempo que ofrece unha vía para o diálogo e o desenrolo de respostas as necesidades dos cidadáns.

Nesta segunda andadura a conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou polo entendemento e a colaboración na sesión constitutiva do segundo mandato do Consello Galego de Benestar Social. Neste sentido, apostou porque deste órgano de carácter consultivo saian acordos que beneficien a todos os galegos e galegas.

 

 Like

Un ano máis, gracias a subvención concedida pola DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA dentro do marco da subvención dirixida a entidades sen animo de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra no ano 2018, a ACOLLE as persoas maiores da Residencia Divina Pastora, situada en Vilagarcía de Arousa, está a disfrutar dunha Terapia con cans.

 

Esta terapia está enfocada a persoas maiores con Enfermidade de Alzheimer e outras Demencias. A terapeuta Marta Jaquet, xunto cos Co-terapeutas: Petra (boyero de Berna, nacida no 2011) Brus (labrador, nacido no 2013), fan varios exercicios diferentes por sesión,. O uso de mascotas aumenta a adherencia a terapia/ actividade e mellora a motivación.

                    

Esperamos que cara o ano que ven se unan outras residencias a esta iniciativa que dende Acolle queremos fomentar.

 

 

 Like

XUNTA DE GALICIA – CONSELLERÍA DE ECONOMÍA EMPREGO E INDUSTRIA

ACOLLE ven de ser beneficiara dunha axuda por importe de 32.547,06 € para a contratación de 3 Auxiliares de enfermeria para o PROGRAMA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL AUXILIAR DE INICIATIVA SOCIAL. Os tres  traballadores realizarán tarefas de apoio para as actividades cotias en tres das nosas residencias, apoio que repercutira na mellora da calidade de vida dos residentes  e das súas familias.

Esta axuda está co financiada nun 91,89% polo FONDO SOCIAL EUROPEO e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil a, eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, Obxectivo especifico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

                                                                                                    

 Like

O pasado día 11 de maio Acolle organizou o curso de 6 horas sobre a liberación de suxeccións da man da experta Dona Veronica Romera. Con unha gran asistencia, xa que este tema está a xerar inquietudes dentro da nosa Asociación xa que os centros de Acolle consideran que eliminando o uso de medidas de suxección (tanto físicas como quimicas), melloran a calidade de vida dos nosos residentes, mediante o compromiso de toda a asociación con un uso solo excepcional e a búsqueda constante de alternativas.

Mediante o programa Desatar al Anciano y al Enfermo de Alzheimer de CEOMA nos introduce nos siguientes temas;

Introducións ao fenómeno das suxeicións en residencias. Antecedentes.
– Indicacións clásicas: Claves para lograr centros libres de suxeicións, exposición
de experiencias concretas.
– Sensibilización co uso de suxeicións
– Contido especifico sobre mitos do uso de suxeicións (onde se encontra o tan
famoso mito do aumento de persoal).
– Información sobre intervencións integrais.
– Claves para conseguir un centro libre de suxeicións.

Dende Acolle estamos a traballar para unha implantación paulatina e comenzamos informando e formando ao persoal que é o principal responsable de que todo saia como ten que ser.

ANIMOO!!!!!!

 

 

 

 

 Like

Acolle quere facerse eco da visita da raiña dona Sofía, que se achegou o pasado dia 19 de abril a unha das nosas residencias “Real institución  Benefico-Social Padre Rubinos”, con motivo da celebración do seu 100 Aniversario.

FELICIDADES PADRE RUBINOS !!!!!!!!!

Seguir lendo no seguinte enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/04/20/reina-sofia-celebra-padre-rubinos-cien-anos-institucion-benefica/0003_201804G20P10991.htm

 Like

Acolle quixo o pasado día 6 de abril facer unha xornada onde os profesionais unha vez mais estean formados e informados nas novidades que estea próximas, e por iso organizou en colaboración con Norsecurity e Integraldata unha exposición das novidades que a nova lei de protección de datos, que a partires do vindeiro 25 de maio e de obrigado cumprimento, nos presenta  dificultades as nosas residencias.

                                                

E a seguinte presentación foi do programa SILAND .

Este programa de xestión pertence a Asociación Lares Andalucia e nolo presentou Patricio Jesús Fuentes, técnico do programa Siland e director dunha das residencias pertencentes a Lares Andalucia.

Como veredes foi unha xornada moi proveitosa e no que todos os asistentes comentaron que foi moi clarificadora.

Moitisimas gracias Patricio, encantounos coñecerte e esperamos voltar a ter o pracer de terte entre nos.

 Like

Acolle segue por apostar pola formación dos seus profesionais polo que este ano inaguramolo co curso de planillas que D. Alejandro Gomez Ordoki, secretario de Lares Euskadi,  impartiu nunha clase maxistral do planillas en Excell.

Todos os asistentes quedaron encantados polo traballo realizado por este magnifico profesional.

Dende Acolle agradecemos o presidente de Lares Euskadi por permitir o desplazamento e o tempo do seu secretario para compartir o seu traballo e axudar os nosos profesionais.

 

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR E ASÍ SEGUIR CRECENDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 Like

O pasado día 10 de xaneiro do 2018 tivemos o pracer de recibir na sede de Acolle o Conselleiro de Política Social D. José Manuel Rey Varela.

Na mesma reunión estiveron presentes a directora xeral de maiores e discapacidade, Dona Fabiola García Martínez o Xerente do consorcio D. Perfecto Rodríguez o alcalde de Tui D. Carlos Vázquez Padín  e a Concelleira de Tui de política Social Estrella Carmen Muradas Maceira e por ultimo o D. Moisés Rodríguez representante do PP da deputación de Pontevedra.

Na reunión a nosa Presidenta Dona Celina Rey Dieguez presentou a nosa asociación a todolos presentes e procedeu a comentarlle as nosas necesidades. Por parte do Conselleiro nos faceu participes do seu agradecemento a nosa labor xa que está o tanto dela dentro da sociedade e que está disposto a axudar en todo ao que puidera.

Logo da reunión visitou a residencia Paz e Ben (residencia asociada e sede de Acolle).

 

 

 

 

 

 

 

Presidenta Dona Mª Celina Rey falando co Conselleiro durante a visita a Residencia

A Xunta Directiva agradece a visita e o interese posta na nosa Asociación.

 Like

Al continuar utilizando el sitio, usted acepta el uso de cookies. más información

La configuración de cookies en este sitio web está activa "permitiendo cookies" para darle la mejor experiencia de navegación posible. Si continúa utilizando este sitio web sin tener que cambiar la configuración de cookies o haciendo clic en "Aceptar", usted está consintiendo las cookes en todo el sitio.

Close