O pasado día 18 de octubre, Lares Euskadi presentou aos asociados de Acolle “MORETAG”, un Modelo Referencial de tempos de Auxiliar de Xeriatría. Un método referencial para a estimación de tempos de auxiliar de xeriatría en función da valoración da dependencia dende o indice Barthel-CIF e o comparte abertamente co resto de axentes que interatúan na prestación de servizos residenciais para persoas maiores. Con ese animo nace www.moretag.org, unha web que pretende obter sinerxias dende a compartición de datos co obxectivo de mellorar como organizacions do tercer sector.

 

Este proxecto busca que todos os axentes sociais que dedican o seu esforzo e experiencia ao avance dos servicios residenciais se expresen con un lenguaxe común e propio. Dende a explotación dos datos obtidos para as diferentes combinacións de módulo (índice Barthel) e nivel de necesidade da terceira persoa para a realización das actividades da vida cotidiá (concepto de dependencia según CIF-OMS), se construe un modelo analítico, descriptivo e interactivo que referencia a asignación de tempos de auxiliar de xeratría. O obxectivo non é desenrolar un modelo reproducible para a estimación de ratios senón a definición dun marco referencial de tarefas e tempos unitarios na atención directa as persoas maiores nas residencias.

Dende Acolle queremos agradecer a Manuel Merino, Mikel e Alejandro polo seu tempo e por compartir o seu traballo con Acolle. GRACIAS!!!!!!!!!

Comparte este artículo en: