Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social

Memoria

MEMORIA DE ACTIVIDADES

EXERCICIO 2015

Mª Celina Rey Diéguez

Presidenta de Acolle

Índice

1. INTRODUCCN…………………………………………………………………………………..Páx. 3

2. OBXECTIVOS DE ACOLLE………………………………………………………..………….Páx. 5

3. FINS DA ASOCIACN……………………………………………………….………………...Páx. 5

4. LIÑAS DE ACTUACN………………………………………………………………………...Páx. 6

5. RELACIÓN DE ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO EXERCICIO 2015……...Páx. 7

1. Información, orientación e asesoramento………….…………………………….Páx. 7

2. Xestión e tramitacn de subvencións e axudas……………………………….Páx. 7

3. Subvencn tramitadas no ano 2015……………………………………………...Páx. 7

4. Promoción de relacións institucionais……………………………….…………….Páx. 8

5. Prestación de servizos sociais como entidade de iniciativa social..Páx. 8

6. Programas de Cooperación: Contratacn de profesionais…………….Páx. 9

7.Programas de formación para o persoal dos centros asociados…..Páx. 9

8.Convenio de colaboracn co Concello de Pontevedra…………………….Páx. 9

9. Acontecementos destacados na vida da Asociación no ano 2015. .Páx. 10

6. Conclusión final………………………………………………………………..….Pax. 10

1. INTRODUCCIÓN:

Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social, ACOLLE, foi constituída en Santiago de Compostela o 29 de xuño de 1995, agrupando a residencias de maiores pertencentes a fundacións, asociacións e outras entidades sen fins de lucro, configurándose á súa vez como Asociación e Entidade Prestadora de Servizos Sociais.

A denominación de ACOLLE responde ó carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazo de acollida para os maiores máis necesitados.

O noso logotipo está configurado pola súa denominación, abrazada por un óvalo multicolor que simboliza a nosa filosoa: acoller sen distincións.

O seu domicilio social actual atópase na rúa Sarabia 8, Tui, provincia de Pontevedra (Residencia PAZ y BIEN”). Actualmente agrupamos 12 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeograa galega, atendendo a un total de 929 residentes.

A Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, ademais de levar a cabo os seus propios proxectos e de representar ós seus asociados, está federada a “Lares-Federación de residencias y servizos de atención a los mayores-sector solidario”, representa a tódolos centros de iniciativa social a nivel estatal.

A Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, ten coma obxectivos a defensa dos intereses das residencias de anciáns de iniciativa social, intentando prestar asesoramento e representar ós centros nas relacións laborais e na relación coa administración.

Non obstante, os centros que integran ACOLLE, ten unhas características moi similares:

Son centros de finais do século XIX, principios do XX (na maioría dos casos) que nun principio contaban coa axuda de benefactores e xente que facía doazóns para permitir que a residencia puidese seguir adiante.

Na actualidade estes centros subsisten gracias ás achegas dos usuarios, achegas de particulares e a axudas dos Concellos e Deputacións Provinciais.

Un dos grandes problemas que presentan os centros, son os de adecuación á normativa, xa que en moitos casos, ó ser edificios de séculos pasados, a modificación das características arquitectónicas supón unha gran dificultade por dous motivos fundamentalmente: os centros son antigos e en algún caso, non xurde como residencia de maiores e que moitos deles son patrimonio e non poden ser modificados para a adaptación á nova normativa.

As residencias de iniciativa social, estiveron moi expandidas en toda a comunidade aunoma galega, chegando a ter residencias moi implicadas no dinamismo da comunidade, axudando ó crecemento da comunidade e á súa integración na mesma.

En relación a este último punto debemos destacar que o impacto que tiveron as residencias de iniciativa social foi tan alto que chegaron a contar con máis dun total de cinco mil prazas repartidas por toda a Comunidade Aunoma Galega.

En relación a este punto, xogaron un papel fundamental a participación social, e ata a década dos 80 as Deputacións e Concellos (administracións locais próximas) estaban caracterizados pola súa implicación, chegando a asumir en moitos dos casos ata un total do 50% do orzamento preciso para a manutención dos Centros; non obstante, este apoio á iniciativa social por parte da Administración blica foi decrecendo por que a Administración Autonómica asumiu un papel directivo na prestación de servizos sociais, buscando a prestación directa por parte da Administración da atención residencial para a poboación.

Non obstante as prestacións económicas que outorga o Estado (sobre todo as de nivel non contributivo) non outorgan unha cobertura suficiente como para poder acudir a unha praza residencial privada, e debido a que en moitas ocasión as prazas públicas non poden ofrecer unha cobertura adecuada á toda a poboación que pode ser unha potencial usuaria de centros residenciais, polo que se fai necesaria a presenza da iniciativa social, para poder ofrecer unha praza residencial a aquelas persoas que por exemplo tan só contan cunha pensión a nivel non contributiva de nivel mínimo (que se sian nunha cona aproximada de 366,90 €).

Nestes últimos anos bebido a crise económica, moitas das nosas residencias están tendo verdadeiras dificultades para chegar a cubrir o 100% das prazas, e as novas prazas que se van cubrindo fano moi por debaixo do prezo que teñen estipulado os Centros.

2. OBXECTIVOS DE ACOLLE:

Os seguintes obxectivos da Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, son os que se delimitaron pola Xunta Directiva cando a asociación comezou a dalos seus primeiros pasos no ano 1995, polo que os obxectivos son os seguintes, que de igual modo se atopan como tales, nos estatutos da asociación:

Formar o persoal das Residencias e Centros.

Formar e informar ós directivos das Residencias acerca dos criterios xerais de xestión que se deben manter nos centros residenciais.

Fomentar melloras prácticas na atención dos residentes a fin de aumentar a calidade de vida dos mesmos.

Implantación de novas tecnoloxías.

Crear novos servizos que dean resposta ás demandas emerxentes do sector das persoas maiores dependentes, tales como: axuda a domicilio, centros de día, teleasistencia e outros servizos...

– Estudalas necesidades das Residencias en eidos tales como: arquitectónico, económico, laboral e social, co fin de elaborar proxectos de adecuación á normativa vixente e ás demandas sociais.

3. FINS DA ASOCIACIÓN:

Entre os fins da Asociación están os seguintes:

1. A negociación de pactos, acordos e convenios colectivos, de conformidade coa lexislación que os regula.

2. A representación dos empresarios nas relacións de conflito laboral colectivo e individual.

3. A representación institucional dos empresarios nos órganos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e naqueles outros de ámbito territorial inferior, no que a representación dos Centros este conferida ás organizacións empresariais.

4. A información, asistencia e asesoramento ós seus afiliados en canto empresarios.

5. A representación, coordinación, xestión, defensa e promoción dos intereses que son propios dos seus representados en canto empresarios.

6. A prestación de servizos sociais como entidade de iniciativa social, sendo a súa área de actuación as persoas maiores.

7. A representación institucional do sector coa presencia institucional nos foros de debate.

4. LIÑAS DE ACTUACIÓN:

Os obxectivos e os fins expostos anteriormente, deben acadarse dun xeito global, de tal modo que a solución global estea no camiño de conseguirse mediante as seguintes liñas de actuación:

Dar representatividade ó sector da iniciativa social e participación activa nos foros de debate.

Unha aposta polo aumento e especialización do persoal; xa que nos Centros asociados ñense detectados problemas de especialización de persoal: precísanse Xerocultores, Terapeutas, Persoal de Administración e Xestión, Traballadores Sociais, etc. Está claro, que ACOLLE debe seguir unha liña de actuación destinada á formación do noso persoal para afrontalos novos retos e tamén actuacións na liña do aumento do persoal de Centros Residenciais asociados que ten unhas plantillas demasiados curtas.

Melloralas prestacións e atención de cara ós anciáns (traballando principalmente a área de fisioterapia, rehabilitación cognitiva, as actividades ocupacionais e a atención especializada), destinadas dun xeito global á mellora da calidade de vida e ó benestar colectivo dos residentes dos Centros Residenciais asociados.

Modernización dos Centros asociados. Para adaptalos ás novas necesidades residenciais e ós novos servizos que se implantan na Comunidade Autónoma Galega. Concepción de centros de vida e actividade en contra das concepcións antigas de almacén de xente itil ou de crear guetos, en vez de centros abertos á comunidade.

Diversificación de servizos. A axuda a domicilio, a teleasistencia ou a creación de programas de Centros de Atención Diúrna son alternativas interesantes e máis axeitadas á futura dinámica da sociedade.

5. RELACIÓN DE ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO EXERCICIO 2015:

1. Información, orientacn e asesoramento.

Dende a entidade realízase unha labor conxunta dirixida ás residencias de anciáns que constitúen esa Asociación de información, orientación e asesoramento en distintos ámbitos: sociais, laborais, normativos, de actualidade, de interese xeral, etc.

A información distribúese mediante circulares vía Internet, telefonicamente e/ou persoalmente.

2. Xestn e tramitación de subvencións e axudas.

A entidade ocúpase de buscar, divulgar entre os asociados, solicitar e tramitar subvencións de distintas entidades públicas (Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos...) e privadas (fundacións, obras sociais,) das que poidamos ser beneficiarios.

3. Subvención tramitadas no ano 2015:

ENTIDADES SUBVENCINES SOLICITADAS DATA

XUNTA DE GALICIA

SERVICIO DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen animo de lucro

07/08/2015

Das subvención tramitadas, concedéronsenos as seguintes:

ENTIDADES SUBVENCIONS CONDEDIDAS DATA CANTIDADE

XUNTA DE GALICIA

SERVICIO DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

17.667€

27/11/2015

4. Promocn de relacións institucionais.

Representamos institucionalmente ás residencias asociadas a ACOLLE nos órganos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e en aqueles outros de ámbito territorial inferior, nos que a representación dos Centros está conferida ás organizacións empresariais.

No último ano reunímonos unha vez coa Subdirectora Xeral de Coordinación de Equipamentos e Servizos para Persoas Maiores e con Discapacidade da Xunta de Galicia, Dona Carmén Calviño Rodríguez, para pedir colaboración cas Xornadas Nacionais Lares Federación organizadas os días 22, 23 e 24 de Abril.

Asistimos, o día 25 de setembro a unha reunión no edificio da Xunta en Santiago de Compostela, para falar do anteproxecto de lei de economía social de Galicia.

E asistimos, a unha reunión ca Secretaria Xeneral de Política Social da Xunta de

Galicia“, Coro Piñeiro Vázquez, o 6 de novembro.

5. Prestacn de servizos sociais como entidade de iniciativa social.

A nosa área de actuación rerese ó sector da terceira idade, chegando a estender esta actuación incluso ó seu círculo familiar e social. A maioría dos nosos residentes son persoas maiores, padecendo problemas de saúde, sobre os que intentamos actual diminuíndo ou atrasando ó máximo posible o seu avance e dependencia.

Dentro destas actuacións temos programas como:

Ximnasia de mantemento.

Musicoterapia.

Talleres lúdicos.

Talleres de habilidades memorísticas.

6. Programas de Cooperación: Contratación de profesionais.

En colaboración coa Xunta de Galicia contratamos distintos profesionais do sector, que desenvolveron o seu traballo en distintas residencias do noso grupo, dependendo das necesidades de cada Centro.

No programa, correspondente ós anos 2014-2015, contratouse 2 profesionais pertencentes a categoría profesional do grupo 7, que realizan o seu traballo nos seguintes centros:

  • Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, Auxiliar de Clínica.

  • Asociación de Cooperadores Obra Social Ntra. Señora del Carmén de Fisterra, Auxiliar de Clínica.

No último programa, correspondente ós anos 2015-2016, contratase 1 profesional

pertencente a categoría profesional do grupo 7, que realiza o traballo no seguinte centro:

  • Residencia Santísima Virgen del Carmén de Foz, Enfermeira.

7. Programas de formacn para o persoal dos centros asociados.

Na nosa longa traxectoria desenvolvemos proxectos de formación continua dos profesionais das residencias de maiores asociadas.

Da súa formación vai depender en parte o bo funcionamento dos nosos Centros e o benestar dos nosos residentes.

O día 20 de novembro fixemos un curso seminario sobre a lei de Protección de datos Socio sanitarios para o persoal técnico das nosas residencias. Con unha duración de 5 horas. Asistiron 21 persoas.

8. Convenio de colaboracn co Concello de Pontevedra.

Realizamos diferentes actividades en colaboración co Concello de Pontevedra para persoas maiores non dependentes, e principalmente un curso de formación de habilidades memorísticas para maiores, máis coñecido como Talleres de Memoria”.

Este taller consta de 4 dulos:

Módulo de habilidades sociais e de comunicación asertiva.

Módulo de expresión corporal.

Módulo de adestramento da memoria.

Módulo de musicoterapia.

Os seus destinatarios son persoas maiores de 60 anos. Duración: de Outubro 2014 a Xuño 2015.

Nº grupos: 10.

Zonas do Concello de Pontevedra nas que se imparten os cursos:

PONTESAMPAIO

LÉREZ

MARCÓN

TOMEZA

SALCEDO

BORA

A PARDA

SAN ROQUE

9. Acontecementos destacados na vida da Asociación no ano 2015.

Acolle organiza as XIV XORNADAS NACIONAIS DE LARES FEDECACN en Galicia, tendo unha gran aceptación e éxito das mesmas.

A conclusión final destas xornadas foi, a implicación con nosos centros nos obriga a defender a dignidade na atención, a búsqueda da calidade constante ademáis de estar abertos o aprendizaxe e a realidade do entorno respetando a singularidade de todos y cada un dos centros asociados. E nada sería posible sin contar coa colaboración das administracións, os nosos trabajadores, voluntarios, os nosos maiores e as suas familias.

En definitiva, sabemos de dónde vimos e dónde estamos, pero, potenciando a implicación e o liderazgo compartidos, sabremos a donde queremos chegar.

Tamén, destacar a presencia do noso Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Nuñez Feijoo, na clausura das xornadas, o que reforzou o noso convencemento, da gran

gran importancia das mesmas.

6. CONCLUSIÓN FINAL.

Acolle, está formada por 12 centros, ubicados en toda a xeografía galega e con distintos números de plazas cada una, que a continuación procedo a indicar.

  • Residencia Padre Rubinos está no municipio de A Coruña ten 69 prazas e ningunha concertada.

  • Hospital – Asilo de Vilalba, ten 184 prazas, das cales 24 son concertadas.

  • Ntra. Señora das Dores, esta en Lalín e ten 125 prazas das cales 49 son concertadas.

  • Asilo Hospitalario Divina Pastora, está en Vilagarcía de Arousa e ten 107 prazas das cales 7 son concetadas.

  • Residencia Paz y Bien, de Tui, ten 86 prazas das cales 14 son concertadas.

  • Residencia Hosp. Asilo Nosa Sra. Dos Anxos, está en Ribadavia e ten 59 prazas, ningunha concertada.

  • Residencia Santísima Virgen Del Carmén, está en Foz e ten 33 prazas, ningunha concertada (pertence a Mensajeros de la Paz).

  • Residencia de Anciáns “Mi Casa” está en Ferrol e ten 136 prazas das cales 11 son concertadas.(pertence a Mensajeros de la Paz).

  • Residencia Romero Blanco Monroy está en Noia e ten 46 prazas ningunha concertada.

  • Asoc. de Cooperadores Obra Social Ntra. Sra. Carmén e está en Fisterra e ten 15 prazas ningunha concertada.

  • Residencia San Rafael de Mondoñedo, ten 35 prazas e ningunha concertada (pertence a Mensajeros de la Paz).

  • Residencia San Xoán de Castro de Rei e ten 34 prazas e ningunha concertada, (pertence a Mensajeros de la Paz).

Al continuar utilizando el sitio, usted acepta el uso de cookies. más información

La configuración de cookies en este sitio web está activa "permitiendo cookies" para darle la mejor experiencia de navegación posible. Si continúa utilizando este sitio web sin tener que cambiar la configuración de cookies o haciendo clic en "Aceptar", usted está consintiendo las cookes en todo el sitio.

Close