A Consellería de Política Social ten en trámite o Proxecto de orde de pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e regúlase o procedemento para a súa obtención. (nestes momentos en fase de alegacións)

A tarxeta acreditativa de grao de discapacidade en Galicia ten como finalidade que as persoas con discapacidade legalmente recoñecida poidan acreditar de forma áxil e práctica, ante terceiras persoas, o seu grao de discapacidade e facilitarlles así o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida a través dun instrumento máis práctico e cómodo. Esta tarxeta substituirá ao actual certificado en papel que se emite xunto coa resolución da discapacidade.

Ata finais de xullo non está previsto que comece a expedición da tarxeta.

Procedemento

  1. Se lle expedirá de oficio, e por tanto non terán que solicitalo, a todas as persoas ás que se lle recoñeza a discapacidade a partir do momento en que saia publicada a Orde na que se regula como é a tarxeta e as condicións e procedemento para a súa expedición.
  2. No caso das persoas que no momento en que saia publicada a Orde xa teñan o recoñecemento da súa discapacidade, poderán solicitala empregando o modelo de solicitude que sairá publicado coa Orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta, na web da Consellería de Política Social, e nas Seccións de Cualificación e Valoración da Discapacidade.

A expedición da tarxeta non terá custo ningún.

Comparte este artículo en: