A Residencia Divina Pastora é unha entidade sen ánimo de lucro adicada á atención ás persoas maiores dependentes e non dependentes en réxime de residencia. Conta cun total de 100 prazas distribuidas en habitacións dobres.
| Propiedade de: | Fundación Asilo Hospitalillo Divina Pastora |
| Tipoloxía: | Mixta. Atención a persoas non dependentes e dependentes severos ou grandes dependentes. |
| Número de prazas: | 100 camas residenciais, 24 delas concertadas coa Xunta de Galicia. |
| Número de rexistro Xunta: | E-135-C-1 |
Formas de contacto:
| Enderezo: | Ramón López Piñeiro, 11, CP 36600 – Vilagarcía de Arousa, Pontevedra |
| Teléfono: | 986 50 19 02 |
| Fax: | 986 50 84 25 |
| email: | direccion@residenciadivinapastora.com |
| web: | http://residenciadivinapastora.com/ |
Instalacións e espazos
A Residencia Divina Pastora consta de sótano, pranta baixa e cinco prantas máis.
| Pranta baixa: | Recepción e sala de espera. Teléfono público. Biblioteca. |
| Sala de convivencia e Salón de actos. Capela. | |
| Areas de almacenamento. Cociña e comedor. | |
| Primeira pranta: | Despacho de dirección e administración. |
| Departamentos de psicoloxía, traballo social e animación sociocultural. | |
| Departamentos de terapia ocupacional e fisioterapia | |
| Departamento enfermaría, sala de curas e despacho médico. | |
| 2ª, 3ª, 4ª pranta: | As restantes catro prantas do edificio son para o uso dos residentes. Distribuidas en as de convivencia, á esquerda e á dereita do edificio, constituindo todas elas núcleos básicos de convivencia con habitacións dobres. Todas provistas de terraza e baños xeriátricos adaptados, e do mobiliario necesario para cada residente. |
| 5ª pranta: | Sala de rehabilitación e fisioterapia. |
| * Tamén se conta con salas de estar en cada pranta para o uso e disfrute de momentos de intimidade e reunións familiares. |
Servizos
A metodología de traballo empregada basease na elaboración de Plans de atención individuais para cada residente que son fixados e aprobados polo Equipo Interdisciplinar do Centro e comunicados ós propios usuarios e/ou ás súas familias. Anualmente ou con anterioridade, ante cambios significativos no residente, son revisados e actualizados. Estes plans de coidados recollen as atencións e coidados que vai recibir ó usuario de cada unha das seguintes áreas:
| Atención asistencial e sanitaria: | Atención medicina xeral individualizada. Atención médica de psiquiatria individualizada. Servizo permanente de enfermaría. Servizo permanente de atención asistencial. |
| Atención psicosocial: | Servizo de psicoloxía. Traballo Social. Animación Socicultural. |
| Atención de rehabilitación e promoción da autonomía: | Terapia Ocupacional. Fisioterapia e rehabilitación. |
| Servizos complementarios: | Cociña. Lavandería Perruqueria. Podoloxía. |