Grupo social Acolle

¿Quen somos?

GRUPO SOCIAL ACOLLE

GRUPO SOCIAL ACOLLE agrupa ás residencias de maiores pertencentes a Fundacións, Asociacións, Concellos e outras entidades, co denominador común da ausencia de lucro, configurándose a un tempo como unha asociación empresarial e unha entidade prestadora de servicios sociais.

Acolle (Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social) nace en 1995 e agrupa Residencias de maiores pertencentes a Fundacións, Asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, configurándose á súa vez como Asociación e entidade prestadora de servizos sociais.

A denominación de ACOLLE responde ao carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazo de acollida para os maiores mais necesitados. O noso logotipo está configurado pola súa denominación, abrazada por un óvalo multicolor que simboliza a nosa filosofía: acoller sen distincións.

Actualmente temos 12 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 823 residentes.

Entre os nosos fins destacan:

Negociación

A negociación de pactos, acordos e convenios colectivos.

Representación

A representación dos asociados nas relacións de conflicto laboral colectivo e individual.

Representación institucional

A representación institucional dos asociados nos órganos e institucións do ámbito da Comunidade autónoma de Galicia e naqueles outros de ámbito territorial inferior, nos que a representación dos Centros estea conferida ás organizacións empresariais.

Asesoramento

A información, asistencia e asesoramento aos seus asociados.

A prestación de servicios sociais como entidade de iniciativa social, sendo a súa área de actuación preferente a das persoas maiores.

Poden asociarse todos aqueles titulares de residencias e centros de anciáns que desenvolvan  a  súa actividade sen posuír carácter lucrativo.  A denominación de ACOLLE responde ao carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazos de acollida para os maiores máis necesitados. O noso logotipo, está configurado pola denominación, abrazada por un óvalo multicor que simboliza esta filosofía: acoller sen distincións.

ASOCIACION GALEGA DE RESIDENCIAS E CENTROS DE ANCIANS DE INICIATIVA SOCIAL

Más información

ASOCIACION DE RESIDENCIAS DE INICIATIVA SOCIAL DE GALICIA

Más información