
A Residencia “PAZ y BIEN” é un centro de titularidade privada, socio asistencial sen ánimo de lucro, pertencente á Congregación das “Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción”.
A Residencia está situada na cidade de Tui (Pontevedra), nunha parcela de 15.637 m2, cunha superficie construída de 8.937 m2 e un xardín de 6.800 m2.
Trátase dun lugar tranquilo, a cal é atravesada polo río Tripes. Un espazo idóneo para o repouso e o descanso con vistas á Catedral de Tui, o seu entorno e ao Parque Natural do Monte Aloia. Deseñada con grandes espazos abertos e luminosos cun magnifico xardín para garantir unha estancia cómoda e agradable aos residentes e as súas familias.
| Propiedade de: | Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción |
| Tipoloxía: | Mixta (válidos e asistidos) |
| Número de prazas: | 72 (32 válidos e 40 asistidos) |
| Número de rexistro Xunta: | E-131 |
Formas de contacto:
| Enderezo: | Rúa Sarabia, Nº 8, CP 36700 – Tui – Pontevedra |
| Teléfono: | 886 317 691 |
| email: | direccion@residenciapazybien.com |
| web: | www.residenciapazybien.org |
| Prema neste link para ver situación en Google Maps |
Instalacións e espazos:
A Residencia distribúese en catro plantas:
| Planta Baixa: | Acceso directo ao xardín e á entrada principal. |
| Capela. Despacho de Psicoloxía. | |
| Salón de actos multiusos con esceario. | |
| Ximnasio e sala de informática. , Fisioterapia e animación. Almacéns e Lavandería. | |
| Primeira Planta: | Recepción. Administración. Sala de visitas. Salón de convivencia con TV. |
| Perruquería. Despacho de Traballo Social. Biblioteca e sala de lectura. | |
| Despacho médico e de enfermería. Sala de curas. Office e habitacións individuais con baño. | |
| Cafetería. Comedor dos residentes e da Comunidade Relixiosa. Cociña Office e despensa | |
| Segunda / Terceria planta: | Habitacións individuais con baño, baño xeriátrico, oficinas e sala de estar con TV. |
| Habitacións: | Tódalas habitacións son exteriores, individuais, con baño e con moita luz. |
Todas elas dispoñen de: mobiliario adaptado, camas articuladas, armario, conexión a TV e teléfono, sistema de megafonía e timbre na habitación e no baño.
Xardín: O xardín ten 6.800 m2 cunha gran variedade de árbores frutais e ornamentais e de flores. Dispoñen de espazos que invitan a descansar e relaxarse escoitando o son do río Tripes, que atravesa a finca.
O espazo está totalmente adaptado e carece de barreiras arquitectónicas, cun amplo paseo do que poden disfrutar tódolos residentes e os seus familiares.
Servizos:
A atención individualizada aos residentes lévase a cabo polo equipo interdisciplinar que está formado por:
| Directora | Psicóloga |
| Enfermeiras | Fisioterapeuta |
| Traballadora social | Animadora |
| Supervisora | Auxiliar de clínica/xerocultora |
Este Equipo traballa de forma coordinada, buscando a integración de tratamentos, pautas de actuación, pautas para a saúde, para conseguir frealo deterioro e lograr a melloría global de cada residente, elaborando un Plan de Atención Individual.
Realizan o seu servizo nas distintas Áreas da Residencia:
| Coidados Básicos. | Coidados Asistenciais. |
| Atención Psicosocial. | Novas tecnoloxías. |
| Rehabilitación e Promoción da Autonomía. | Atencións Domésticas. |
| Supervisora | Auxiliar de clínica/xerocultora |
| Servizos externos (Musicoterapia, Perruquería e Prensa). |
Servizos complementarios como: servizo relixioso, cafetería, teléfono e traslados e acompañamentos fora do Centro.