Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social

Noticias

Acolle sumase a esta bonita iniciativa de Lares.

Dende Acolle queremos enviar todo o noso cariño a tódolos avós e avoas, xa que sabemos que xoga un importantísimo papel nas familias e na sociedade. Acolle traballa para que teñan un bo coidado e o tratamento que se merecen cando mais o necesitan.

FELICIDADESSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 Like

“Acolle, necesita voluntarios para as súas residencias”, únete a nos

Acolle dáche unha oportunidade de ser voluntario en calquera dos nosos 12 centros, repartidos por toda a Comunidade Autónoma. 

 

Es unha persoa con compromiso social, queres facer algo para mellorar o teu entorno, pero non tes claro que podes facer e non soes ter moito tempo?

 Si queres facer voluntariado, nos necesitámoste!!!!

 O voluntariado en Acolle é moito mais que acción social: é un compromiso humanitario coa sociedade, coas persoas máis vulnerables que son os nosos maiores.

Podarás dedicarlle o tempo que ti queiras, cando queiras, xa que dispoñemos de máis de 12 residencias en toda Galicia, onde podarás xogar as cartas, ler, acompañar……o que che sexa mas fácil y mais divertido para ti.

Necesitámoste!!!

Si estas interesado, déixanos os teus datos no noso correo electrónico secretaria@acolle.org y nos poñeremos en contacto contigo a maior brevidade posible.

 Like

Da man do noso ponente invitado Don José Manuel Rosendo Fernandez, Enfermeiro. Hospital Provincial EOXI de Pontevedra (Salnés) e Supervisor de procesos de coidados. Asesoría de cura húmida xerencia de xestión integrada de Pontevedra – Salnés. As nosas enfermeiras tiverón a oportunidade de seguir formándose nas lesións asociadas a Dependencia.

Acolle considera que é moi importante satisfacer as necesidades das enfermeiras dos diferentes centros, por elo consideramos que é moi importante este tipo de iniciativas para por en común inquietudes e dúbidas que surxen no dia a día nos diferentes centros.

A enfermería xeriatría ocupase de valorar, planificar e Implimentar os coidados de enfermería para as persoas maiores. O Obxectivo de Acolle é que as nosas enfermeiras permitan atender e manter a calidade de vida das persoas maiores das nosas residencias asociadas no seu entorno. Así mesmo, ofrezan a oportunidade de vivir un envellecemento adecuado coa funcionalidade máxima. Ademais, co obxectivo de conseguir e manter o benestar das persoas maiores realiza a avaliación da atención prestada. Esta disciplina prepara os profesionais para a ensinanza, a supervisión, a investigación, a xestión, o asesoramento ou o liderazgo nos coidados dedicados as persoas maiores. 

 Like

O pasado día 22 de febreiro a Xunta directiva de Acolle reuniuse o Director Xeral de Maiores e persoas con Discapacidade D. Ildefonso de la Campa Montenegro. O fin desta reunión foi presentar o traballo de Acolle, para poder intercambiar impresións sobre o sector e abrir vias de intercambio de proxectos coa Xunta de Galicia.

 Like

O pasado día 15 de Febreiro tivo lugar en Santiago unha nova formación para os traballadores das residencias asociadas. Esta vez tocaba “Introducción Centrada na Persoa”. Este curso tivo unha duración de seis horas e foi impartido por Carlos Mirete da Fundación Pilares.

As traballadoras tiverón a oportunidade de ter unha primeira aproximación a metodoloxía e instrumentos para desenrolar unha atención centrada na persoa en Residencias de persoas maiores.

O obxectivo de Acolle e que teñán unha visión do que é para poder poñer en marcha un proxecto de maís envergadura que é o de acabar tendo todas as nosas residencias certificadas en Centros de atención centrada na persoa.

Só é o primeiro paso para poder dar o seguinte. Xa vos iremos informando.

BO TRABALLO!!!!!!!

 Like

LA CONSELLERIA DE POLÍTICA SOCIAL DE LA XUNTA DE GALICIA CONCEDE UNA
SUBVENCIÓN A LOS CENTROS DE LARES ASOCIACIÓN QUE TIENE EN GALICIA PARA
LA IMPLANTACIÓN DE UN PROGRAMA  ” PROMOCIÓN E SENSIBILIZACIÓN DO ENVELLECIMIENTO ACTIVO: REDE DE CLUB ES DE LECTURA E REALIDADE VIRTUAL  PARA EJECUTAR EN LOS CENTROS DURANTE TODO EL AÑO 2019.
 Like

La Conselleria de Política Social de la Xunta de Galicia concede una subvención a los centros de Lares Asociación que tiene en Galicia para la implantación de un programa de formacion y promocion del voluntariado con el Proyecto ” PROGRAMA DE FORMACION Y PROMOCION DEL VOLUNTARIADO: OFICINA AUTONÓMICA DEL VOLUNTARIADO”  para ejecutar en los centros durante todo el año 2019.

 Like

Este ano Acolle colabora con este proxecto iniciado por Mensaxeiros da Paz e Entremayores.

O obxecto da campaña é atender as persoas maiores en situación de soidade durante as celebracións do Nadal, nas familias de acollida voluntarias ou en centros residenciais como os pertencentes a Asociación Acolle.

Os destinatarios non son outros que as persoas maiores que estean soas nas festas de Nadal. E os requisitos son o de ser maior de 65 anos e encontrarse en situación de soidade.

Os interesados poderán elixir unha das seguintes celebracións; 24 de decembro Cea de noiteboa, 25 de decembro, comida de Nadal, 31 de decembro, cea de noite vella e por último o 1 de Xaneiro do 2019, comida de Ano novo.

Os centros de Acolle que participan son;:

         Residencia e Centro de Día de Cervo (Lugo)

         Residencia San Xoan de Castro de Rei (Lugo)

         Residencia San Rafael de Mondoñedo (Lugo)

         Residencia Virgen del Carmen de Foz (Lugo)

         Residencia Hospital Asilo de Villalba (Lugo)

         Residencia Mi Casa de Ferrol (A Coruña)

         Asoc. de Coop. Obra Social Ntra. Sra. del Carmen de Fisterra  (A Coruña)

         Residencia Ntra. Sra. Das Dores de Lalin (Pontevedra)

         Residencia Asilo Hospitalario Divina Pastora  de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

         Residencia Paz y Bien de Tuí (Pontevedra)

         Residencia Romero Blanco Monroy de Noia (A Coruña)

         Fundación Hospital Asilo Ntra. Sra. Dos Anxos de Rivadabia (Ourense)

As Familias de Acollida que se ofrecen para participar voluntariamente e desexen acoller as persoas maiores en situación de soidade  só terán que  cubrir a ficha de solicitude dispoñible nos centros colaboradores, no  teléfono 607 617 923 (De luns a venres 9h a 16h), persoa de contacto Carolina Martínez ou na páxina web www.entremayores.es, é un banner situado na parte de enriba  da páxina principal.

Así mesmo, as persoas maiores que queiran ser acollidas poderán facelo de calquera das seguintes formas;

  • Enchendo a folla de solicitude dispoñible nos centros colaboradores.
  • No teléfono 607 617 923 (De luns a venres de 9h a 16h), a persoa de contacto é Carolina Martínez,
  • Ou na páxina web www.entremayores.es, nun banner situado na parte de enriba da páxina principal.

Intentarase axilizar tódolos trámites para facilitar que todas aquelas persoas maiores que se encontren soas no Nadal poidan ser acollidas nas residencias participantes, así como nas casas das familias que voluntariamente se adhiran a Campaña.

Dende a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz, así como das empresas e entidades colaboradoras, esperamos dar testemuño do compromiso coas persoas maiores, especialmente nesta ocasión, con aquelas máis vulnerables que se encontran soas nestas fechas tan entrañables.

Entidades Coordinadoras de la Campaña:

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Galicia.

 

Grupo de Comunicación Entremayores

Entidades Colaboradoras:

Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social – Acolle

Confederación nacional de jubilados y pensionistas – Conjupes

Mayores de Telefónica

Xunta de Galicia

 1

O Consello Galego de Benestar Social quedou constituído  o día de onte en Santiago de Compostela, durante unha sesión plenaria presidida pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, logo de finalizar o seu proceso de renovación, forzado pola finalización da duración do primeiro mandato da maior parte dos seus membros, así como pola modificación da súa composición a consecuencia de varias reformas normativas.

Este órgano tratase dun órgano consultivo superior ao sistema galego de servicios sociais e conta con una participación plural, figurando entre os seus integrantes a Dona Celina Rey Dieguez, como representante dás entidades prestadoras de servizos sociais, na categoría 1, de “Atención e prevención da dependencia, discapacidade e maiores” . En canto aos seus obxectivos, este órgano será unha ferramenta fundamental para avaliar e mellorar o sistema de servicios sociais de Galicia, ao tempo que ofrece unha vía para o diálogo e o desenrolo de respostas as necesidades dos cidadáns.

Nesta segunda andadura a conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou polo entendemento e a colaboración na sesión constitutiva do segundo mandato do Consello Galego de Benestar Social. Neste sentido, apostou porque deste órgano de carácter consultivo saian acordos que beneficien a todos os galegos e galegas.

 

 Like