Grupo social Acolle

General

Acolle quixo o pasado día 6 de abril facer unha xornada onde os profesionais unha vez mais estean formados e informados nas novidades que estea próximas, e por iso organizou en colaboración con Norsecurity e Integraldata unha exposición das novidades que a nova lei de protección de datos, que a partires do vindeiro 25 de maio e de obrigado cumprimento, nos presenta  dificultades as nosas residencias.

                                                

E a seguinte presentación foi do programa SILAND .

Este programa de xestión pertence a Asociación Lares Andalucia e nolo presentou Patricio Jesús Fuentes, técnico do programa Siland e director dunha das residencias pertencentes a Lares Andalucia.

Como veredes foi unha xornada moi proveitosa e no que todos os asistentes comentaron que foi moi clarificadora.

Moitisimas gracias Patricio, encantounos coñecerte e esperamos voltar a ter o pracer de terte entre nos.

 Like

Acolle segue por apostar pola formación dos seus profesionais polo que este ano inaguramolo co curso de planillas que D. Alejandro Gomez Ordoki, secretario de Lares Euskadi,  impartiu nunha clase maxistral do planillas en Excell.

Todos os asistentes quedaron encantados polo traballo realizado por este magnifico profesional.

Dende Acolle agradecemos o presidente de Lares Euskadi por permitir o desplazamento e o tempo do seu secretario para compartir o seu traballo e axudar os nosos profesionais.

 

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR E ASÍ SEGUIR CRECENDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 Like

O pasado día 10 de xaneiro do 2018 tivemos o pracer de recibir na sede de Acolle o Conselleiro de Política Social D. José Manuel Rey Varela.

Na mesma reunión estiveron presentes a directora xeral de maiores e discapacidade, Dona Fabiola García Martínez o Xerente do consorcio D. Perfecto Rodríguez o alcalde de Tui D. Carlos Vázquez Padín  e a Concelleira de Tui de política Social Estrella Carmen Muradas Maceira e por ultimo o D. Moisés Rodríguez representante do PP da deputación de Pontevedra.

Na reunión a nosa Presidenta Dona Celina Rey Dieguez presentou a nosa asociación a todolos presentes e procedeu a comentarlle as nosas necesidades. Por parte do Conselleiro nos faceu participes do seu agradecemento a nosa labor xa que está o tanto dela dentro da sociedade e que está disposto a axudar en todo ao que puidera.

Logo da reunión visitou a residencia Paz e Ben (residencia asociada e sede de Acolle).

 

 

 

 

 

 

 

Presidenta Dona Mª Celina Rey falando co Conselleiro durante a visita a Residencia

A Xunta Directiva agradece a visita e o interese posta na nosa Asociación.

 Like

O pasado día 21 de decembro, Acolle xunto con Agarte firman con CCOO, CIGA e UGT o IV Convenio de Residencias Privadas de Galicia.

Dende o 28 de Xaneiro do 2016, fecha na cal foi constituida a mesa negociadora, houbo moitas reunións entre medias ata acadar un acordo, polo que logo de dous anos, podemos dicir que ,ahora si vai adiante o Convenio, só queda a sua publicación no DOGA, que xa será en breve.

 Like

XUNTA DE GALICIA – CONSELLERÍA DE ECONOMÍA EMPREGO E INDUSTRIA

ACOLLE ven de ser beneficiara dunha axuda por importe de 21.160,02 € para a contratación de 2 Auxiliares de enfermeria para o PROGRAMA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL AUXILIAR DE APOIO. As duas traballadoras realizarán tarefas de apoio para as actividades cotias en duas das nosas residencias, apoio que repercutira na mellora da calidade de vida dos residentesual e das súas familias.

Esta axuda está co financiada nun 91,89% polo FONDO SOCIAL EUROPEO e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, Obxectivo especifico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

 

 Like

Este ano Acolle esta desenrolando un programa de intervención asistida con cans para as persoas maiores na Residencia Divina Pastora en Vilagarcía. Este proxecto esta subvencionado cun 75% pola Deputación de Pontevedra dentro do marco Dep 2017.

Acolle aposta por prestar cada día maior atención a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de fraxilidade e dependencia. A presenza de animais produce relaxación, apoio social similar ao que nos brindan outras persoas e mellora a motivación entre outros beneficios.

Dende Acolle estamos encantados de fomentar todo o que sexa necesario para que os nosos maiores disfruten coas pequenas cousas.

 

 

 

 Like

O pasado día 18 de octubre, Lares Euskadi presentou aos asociados de Acolle «MORETAG», un Modelo Referencial de tempos de Auxiliar de Xeriatría. Un método referencial para a estimación de tempos de auxiliar de xeriatría en función da valoración da dependencia dende o indice Barthel-CIF e o comparte abertamente co resto de axentes que interatúan na prestación de servizos residenciais para persoas maiores. Con ese animo nace www.moretag.org, unha web que pretende obter sinerxias dende a compartición de datos co obxectivo de mellorar como organizacions do tercer sector.

 

Este proxecto busca que todos os axentes sociais que dedican o seu esforzo e experiencia ao avance dos servicios residenciais se expresen con un lenguaxe común e propio. Dende a explotación dos datos obtidos para as diferentes combinacións de módulo (índice Barthel) e nivel de necesidade da terceira persoa para a realización das actividades da vida cotidiá (concepto de dependencia según CIF-OMS), se construe un modelo analítico, descriptivo e interactivo que referencia a asignación de tempos de auxiliar de xeratría. O obxectivo non é desenrolar un modelo reproducible para a estimación de ratios senón a definición dun marco referencial de tarefas e tempos unitarios na atención directa as persoas maiores nas residencias.

Dende Acolle queremos agradecer a Manuel Merino, Mikel e Alejandro polo seu tempo e por compartir o seu traballo con Acolle. GRACIAS!!!!!!!!!

 Like

O pasado 29 de setembro, a nosa Residencia Paz y Bien (Tui), organizou un encontro de centros de maiores do Baixo Miño coa participación de Amoralia centro de dia (Tui), Residencial Tomiño, Cogami (centro de dia de Tomiño) e Residencia Monte Tecla.

Comenzou as 11:30 da maña con unha eucaristía, no salón de actos da Residencia.

 

 

 

Contou coa presencia do Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Tui Don Enrique Cabaleiro González, o cal destacou o importante de este tipo de accións.

 

 

Tamén tiveron tempo para unha maxistral clase de Musicoterapia, impartida por D. Ignacio Alfredo Crespo e actuación de cada centro participante. Despois tivo lugar a comida, nos fermosos xardíns da nosa Residencia Paz y Bien.

                   

E pola tarde houbo unha gincana que incluia xogos populares (pesca, petanca,…..), e como non, tamen houbo entrega de premios os gañadores.

                                                                      

E no acto de clausura, a directora de Paz y Bien, a irman Mª Lourdes Carrera Monico, intercambiou agasallos cos centros participantes. E por último a actuación do grupo o cal foi a guinda dun fermoso dia o cal todos disfrutarón e que de seguro será tema de conversación nos seus respectivos centros.

 Like
Acolle
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Más información sobre nuestra política de privacidad