O pasado día 24 de Xulio,  tiverón o honor de asistir, en nome de Acolle a Vicepresidenta a Irman Lourdes Carreira Mónico  (directora da Residencia Paz y Bien de Tui) e a Secretaria Técnica Dona Sonia Penedo Rodríguez a entrega de Medallas de Galicia 2017. Entrega que tivo lugar ás 13.00 horas no Museo Centro Gaiás na cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

 

Os galardonados forón:

Miguel Ángel Blanco Garrido, a titulo póstumo.

Isabel Castelo D´Ortega.

Aníbal António Cavaco Silva.

José Manuel romay Beccaría.

Con todos eles a vicepresidenta tivo unhas palabras o final do acto, para felicitalos personalmente en nome da nosa Asociación, ademais de falar con outras personalidades que ali se encontraban.

         

Enhoraboa a todos, polo traballo ben feito!!!!

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

Cómprelles ás sociedades que teñen conciencia do seu ser e da súa presenza histórica, recoñecer e honrar as persoas e institucións que lles prestasen relevantes e meritorios servizos dignos de agradecemento público.

Créase con tal fin a Medalla de Galicia, para distinguir e recompensar aos que, dentro ou fóra da nosa terra, puxesen como razón das súas actividades, e mesmo da súa existencia, o quefacer diario de Galicia, ou aos que son merecentes da gratitude ou da homenaxe que lles cómpre facer.

A Medalla de Ouro de Galicia é unha xoia octogonal, alongada, de 50 milímetros no seu eixo maior e de 42 milímetros no menor. No anverso, sobre fondo de ouro, figura o escudo de Galicia, coas súas cores, baixo o escudo corre en letras de ouro, sobre fondo azul, a lenda: «Ós bos e xenerosos». No reverso figura gravada a data de concesión, a lenda “Xunta de Galicia” e o nome do condecorado.

 Fuente: Paxina Xunta de Galicia
Comparte este artículo en: