Este ano Acolle colabora con este proxecto iniciado por Mensaxeiros da Paz e Entremayores.

O obxecto da campaña é atender as persoas maiores en situación de soidade durante as celebracións do Nadal, nas familias de acollida voluntarias ou en centros residenciais como os pertencentes a Asociación Acolle.

Os destinatarios non son outros que as persoas maiores que estean soas nas festas de Nadal. E os requisitos son o de ser maior de 65 anos e encontrarse en situación de soidade.

Os interesados poderán elixir unha das seguintes celebracións; 24 de decembro Cea de noiteboa, 25 de decembro, comida de Nadal, 31 de decembro, cea de noite vella e por último o 1 de Xaneiro do 2019, comida de Ano novo.

Os centros de Acolle que participan son;:

         Residencia e Centro de Día de Cervo (Lugo)

         Residencia San Xoan de Castro de Rei (Lugo)

         Residencia San Rafael de Mondoñedo (Lugo)

         Residencia Virgen del Carmen de Foz (Lugo)

         Residencia Hospital Asilo de Villalba (Lugo)

         Residencia Mi Casa de Ferrol (A Coruña)

         Asoc. de Coop. Obra Social Ntra. Sra. del Carmen de Fisterra  (A Coruña)

         Residencia Ntra. Sra. Das Dores de Lalin (Pontevedra)

         Residencia Asilo Hospitalario Divina Pastora  de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

         Residencia Paz y Bien de Tuí (Pontevedra)

         Residencia Romero Blanco Monroy de Noia (A Coruña)

         Fundación Hospital Asilo Ntra. Sra. Dos Anxos de Rivadabia (Ourense)

As Familias de Acollida que se ofrecen para participar voluntariamente e desexen acoller as persoas maiores en situación de soidade  só terán que  cubrir a ficha de solicitude dispoñible nos centros colaboradores, no  teléfono 607 617 923 (De luns a venres 9h a 16h), persoa de contacto Carolina Martínez ou na páxina web www.entremayores.es, é un banner situado na parte de enriba  da páxina principal.

Así mesmo, as persoas maiores que queiran ser acollidas poderán facelo de calquera das seguintes formas;

  • Enchendo a folla de solicitude dispoñible nos centros colaboradores.
  • No teléfono 607 617 923 (De luns a venres de 9h a 16h), a persoa de contacto é Carolina Martínez,
  • Ou na páxina web www.entremayores.es, nun banner situado na parte de enriba da páxina principal.

Intentarase axilizar tódolos trámites para facilitar que todas aquelas persoas maiores que se encontren soas no Nadal poidan ser acollidas nas residencias participantes, así como nas casas das familias que voluntariamente se adhiran a Campaña.

Dende a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz, así como das empresas e entidades colaboradoras, esperamos dar testemuño do compromiso coas persoas maiores, especialmente nesta ocasión, con aquelas máis vulnerables que se encontran soas nestas fechas tan entrañables.

Entidades Coordinadoras de la Campaña:

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Galicia.

 

Grupo de Comunicación Entremayores

Entidades Colaboradoras:

Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social – Acolle

Confederación nacional de jubilados y pensionistas – Conjupes

Mayores de Telefónica

Xunta de Galicia

Comparte este artículo en: