Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social

2017

XUNTA DE GALICIA – CONSELLERÍA DE ECONOMÍA EMPREGO E INDUSTRIA

ACOLLE ven de ser beneficiara dunha axuda por importe de 21.160,02 € para a contratación de 2 Auxiliares de enfermeria para o PROGRAMA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL AUXILIAR DE APOIO. As duas traballadoras realizarán tarefas de apoio para as actividades cotias en duas das nosas residencias, apoio que repercutira na mellora da calidade de vida dos residentesual e das súas familias.

Esta axuda está co financiada nun 91,89% polo FONDO SOCIAL EUROPEO e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, Obxectivo especifico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

 

 Like

Acolle quere seguir formando aos seus traballadores e así poder repercutir esa formación nos seus residentes. E esta vez atrevese a introducirse no mundo da Lectura fácil.

E vos preguntarédesvos, que é isto de Lectura Fácil, pois ben e moi sinxelo chamase lectura fácil aqueles contidos que foron resumidos e realizados con linguaxe sinxelo e claro, de forma que se poidan entender por persoas con discapacidade cognitiva ou discapacidade intelectual. Este tipo de textos non só van dirixidos a persoas con discapacidade intelectual, senón tamén a persoas con baixa formación cultural ou con problemas de tipo social, tamén poden servir a persoas con dificultade de linguaxe.

 

 

A encargada de introducirnos neste mundo chamase María Peralta unha  Educadora Social con alma de escritora sabe conxurar o traballo xunto as persoas con necesidades especiais coa ardua tarefa de promoción da lectura fácil en tódolos soportes.

 

 

 

Os obxectivos deste taller foron promocionar ferramentas aos participantes que lles aporten un maior coñecemento sobre as lectura Fácil e as súas aplicacións. Dar a coñecer materiais literarios elaborados baixo o formato lectura fácil e ofrecer a oportunidade aos participantes de poder poñer en marcha clubs de lectura fácil e dinamizar as diferentes sesións.

         

Este taller de formación foi realizado gracias a colaboración de fundación Lares coa Asociación Lectura Fácil Madrid. E subvencionado polo Ministerio de Educación, Cultura e deporte (Goberno de España).

Gracias por traer esta experiencia a Acolle.

 Like

Este ano Acolle esta desenrolando un programa de intervención asistida con cans para as persoas maiores na Residencia Divina Pastora en Vilagarcía. Este proxecto esta subvencionado cun 75% pola Deputación de Pontevedra dentro do marco Dep 2017.

Acolle aposta por prestar cada día maior atención a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de fraxilidade e dependencia. A presenza de animais produce relaxación, apoio social similar ao que nos brindan outras persoas e mellora a motivación entre outros beneficios.

Dende Acolle estamos encantados de fomentar todo o que sexa necesario para que os nosos maiores disfruten coas pequenas cousas.

 

 

 

 Like

O pasado día 18 de octubre, Lares Euskadi presentou aos asociados de Acolle “MORETAG”, un Modelo Referencial de tempos de Auxiliar de Xeriatría. Un método referencial para a estimación de tempos de auxiliar de xeriatría en función da valoración da dependencia dende o indice Barthel-CIF e o comparte abertamente co resto de axentes que interatúan na prestación de servizos residenciais para persoas maiores. Con ese animo nace www.moretag.org, unha web que pretende obter sinerxias dende a compartición de datos co obxectivo de mellorar como organizacions do tercer sector.

 

Este proxecto busca que todos os axentes sociais que dedican o seu esforzo e experiencia ao avance dos servicios residenciais se expresen con un lenguaxe común e propio. Dende a explotación dos datos obtidos para as diferentes combinacións de módulo (índice Barthel) e nivel de necesidade da terceira persoa para a realización das actividades da vida cotidiá (concepto de dependencia según CIF-OMS), se construe un modelo analítico, descriptivo e interactivo que referencia a asignación de tempos de auxiliar de xeratría. O obxectivo non é desenrolar un modelo reproducible para a estimación de ratios senón a definición dun marco referencial de tarefas e tempos unitarios na atención directa as persoas maiores nas residencias.

Dende Acolle queremos agradecer a Manuel Merino, Mikel e Alejandro polo seu tempo e por compartir o seu traballo con Acolle. GRACIAS!!!!!!!!!

 Like

O pasado 29 de setembro, a nosa Residencia Paz y Bien (Tui), organizou un encontro de centros de maiores do Baixo Miño coa participación de Amoralia centro de dia (Tui), Residencial Tomiño, Cogami (centro de dia de Tomiño) e Residencia Monte Tecla.

Comenzou as 11:30 da maña con unha eucaristía, no salón de actos da Residencia.

 

 

 

Contou coa presencia do Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Tui Don Enrique Cabaleiro González, o cal destacou o importante de este tipo de accións.

 

 

Tamén tiveron tempo para unha maxistral clase de Musicoterapia, impartida por D. Ignacio Alfredo Crespo e actuación de cada centro participante. Despois tivo lugar a comida, nos fermosos xardíns da nosa Residencia Paz y Bien.

                   

E pola tarde houbo unha gincana que incluia xogos populares (pesca, petanca,…..), e como non, tamen houbo entrega de premios os gañadores.

                                                                      

E no acto de clausura, a directora de Paz y Bien, a irman Mª Lourdes Carrera Monico, intercambiou agasallos cos centros participantes. E por último a actuación do grupo o cal foi a guinda dun fermoso dia o cal todos disfrutarón e que de seguro será tema de conversación nos seus respectivos centros.

 Like

Acolle quere facer eco do aniversario de Carmen Vilas que cumpliu o seu soño de chegar os Cen anos !!!! que se di pronto pero é toda unha vida. O pasado día 30 de septembro tivo lugar o feliz acontecemento nunha das nosas residencias “Divina Pastora” en Vilargarcia.

Deixo o enlace da publicación no faro de Vigo, por si queredes ampliar mais a información.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/09/30/carmen-vilas-secreto-longevidad-trabajar/1758722.html 

Pola nosa parte estamos encantados de publicar este tipo de noticias, xa que é un orgullo para todos ver a sua alegría e ganas de vivir.

FELICIDADES CARMEN!!!!!!!!!!

 Like

¿QUE DESEXAN OS NOSOS MAIORES?

Con motivo do 1 de Outubro, Día internacional do maior pola ONU, Lares, residencias e servizos do sector solidario, preguntou os maiores que viven nos seus centros – 1050 en toda España- cales son os seus desexos. E nolo contaron a través da actividade de terapia ocupacional “Nosos Maiores Desexos”. Proxecto no que Acolle colaborou, polo que tamen quere facer eco cos resultados obtidos ata de agora.

 

A resposta superou todas as expectativas. Ata agora, fomos contabilizando máis de 1.800 desexos expresados por 960 persoas maiores que residen en 89 centros Lares de todo o país. Para elo, contamos co traballo e a colaboración de máis de 100 terapeutas ocupacionais, psicólogos y voluntarios.

A saúde e o maior desexo e acapara o 25% das respostas. Moitos desexan conservala porque queren: “ter salude para non dar guerra” (Gloria, 88 anos). Outros maiores aspiran a recuperarse: “quero curarme todo o posible” e “que se me quiten as doenzas”.

O segundo lugar, con un 24%, ocúpano cuestións relacionadas coa atención que reciben día a día na su residencia. As personas maiores queren que se teñan en conta as súas preferencias individuáis: “vestirme coa miña roupa, co que eu queira” o “estar coa miña irmán na mesma habitación” (Modesta, 90 anos de Alicante). Tamén aspiran a ter unha boa convivencia entre os compañeiros: “estar ben e levarme ben con todos”.

Un 20% dos desexos van xirando en torno as familias. Votan de menos recibir máis visitas, e ter a oportunidade de saír para incorporarse as celebracións familiares: “salir a rúa sempre que quiera” é o desexo de Celia de 87 anos a pesar das súas limitacións de mobilidade.

O 17% dos desexos recollidos refírense a aspiracións de futuro. A unha parte lle gustaría que lle tocara a lotería ou viaxar a destinos que van dende Barcelona ata o Brasil (como Felisa de 79 anos). Chama a atención as ganas de aprender cousas novas como idiomas, informática (así lle sucede a Gloria os seus 88 años), e incluso, mecánica (Francisco de 86 anos). Outros esperan desenrolar o seu talento poético e “ser un poeta ilustre” (Felipe, 72 anos, de León)

A clase política tamén forma parte dos seus desexos, como Josefina de 87 anos que quere que “se solucione para ben o tema de Cataluña”. Ou Carmen, que os sus 86 anos e dende Zaragoza, desexa “que os políticos se entendan mellor”.

En un menor porcentaxe tamén expresan o anhelo de regresar a seu fogar: “ir para miña casa” como desea Agustina o seus 84 anos (Ávila). E tamén de organizar actividades de ocio:

“formar una coral” (Mª Dolores, de La Rioja, que no quiere confesar su edad) o “echar unos bailes por ahí” (Mª Jesús de 79 años, de Navarra).

O proxecto “Os Nosos Maiores Desexos” enmarcase dentro da celebración do 1º de octubre, pero irá máis alá, porque Lares comprometese con seus maiores a difundir os seus DESEXOS entre representantes e responsables políticos, profesionais da xestión e da atención directa, familiares e voluntarios. Para que todas as personas que cuidan, atenden ou conviven coas personas maiores coñezan as súas aspiraciones e os seus anhelos.

 Like

Acolle quere recordar que hai 13 anos que se lle concedeu unha medalla de Galicia. Ainda que era outro escenario, non se lle pode quitar meritos a esta condecoración que a nosa Asociación recibiu de man do presidente do Goberno (Don Manuel Fraga Iribarne), a modo de recoñecemento da súa laboura no eido das persoas maiores ó longo dos últimos nove anos.

Para ponernos en situación, daquela se otorgaban tres categorías, a de ouro, prata e bronce, isto cambiou a partir do ano 2006, que só se conceden medallas de ouro.  http://Medallas de Galicia. 2004

A Condecoración otorgada Acolle tiña a forma de placa, xa que cando non é unha persoa fisica  a galordonada, adopta esta forma en vez de medalla.

A persoa encargada de recoller o premio en nome de Acolle foi a de aquela presidenta da Asociación Dna. Mª do Carme Santos Alfonso, que dende aquí queremos agradecer e recordar con cariño.

E tamen aproveitamos para saudar e darle un agradecemento a todos aqueles que traballaron para que Acolle sexa o que hoxe representa, o punto de unión dun colectivo, que aveces olvidado, esta ahi para tirar para adiante da man, axudando a todas las persoas que o necesiten sen distinción.

 Like

O pasado día 24 de Xulio,  tiverón o honor de asistir, en nome de Acolle a Vicepresidenta a Irman Lourdes Carreira Mónico  (directora da Residencia Paz y Bien de Tui) e a Secretaria Técnica Dona Sonia Penedo Rodríguez a entrega de Medallas de Galicia 2017. Entrega que tivo lugar ás 13.00 horas no Museo Centro Gaiás na cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

 

Os galardonados forón:

Miguel Ángel Blanco Garrido, a titulo póstumo.

Isabel Castelo D´Ortega.

Aníbal António Cavaco Silva.

José Manuel romay Beccaría.

Con todos eles a vicepresidenta tivo unhas palabras o final do acto, para felicitalos personalmente en nome da nosa Asociación, ademais de falar con outras personalidades que ali se encontraban.

         

Enhoraboa a todos, polo traballo ben feito!!!!

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

 Like Leer más