Guía “Que é o duelo?” para axudar ás persoas con discapacidade intelectual a entender este proceso

O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar ao duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas…

Para reflexionar sobre o duelo e os diferentes aspectos asociados ó mesmo, FADEMGA Plena inclusión Galicia, organizou a Xornada O proceso de duelo en persoas con discapacidade intelectual, na Casa das Asociacións de Cabes, en Santiago de Compostela, na que se presentou unha nova Guía en lectura fácil elaborada pola propia Federación “Que é o duelo?” na que se axuda ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento neste proceso, e que responde cuestións como “Para que serve o duelo” ou “cales son as súas fases”.

Comparte este artículo en: